Buscador Dog
Noticias Camara mineira
Noticias de Actualidad
Boletín electrónico

Comunidade Mineira de Galicia

A comunidade mineira de Galicia está constituída por un conxunto de axentes sociais e económicos que participan na actividade económica, ambiental e social dos recursos minerais.

Os axentes máis importantes son: administración, empresas, asociacións, colexios oficiais, universidade e a Cámara Oficial Mineira de Galicia.



Premios Santa Bárbara da Cámara Mineira


A Cámara Oficial Mineira de Galicia quere salientar a importancia que o sector mineiro ten tanto no tecido industrial galego como no desenvolvemento da sociedade. Neste sentido, convoca a II Edición dos Premios Santa Bárbara, para recoñecer o labor de tódolos integrantes da Comunidade Mineira de Galicia, estimular a súa contribución ao desenvolvemento do sector, e achegar e dar a coñecer o sector mineiro á sociedade, poñendo de manifesto a súa relevancia.



O Xurado da II Edición dos Premios Santa Bárbara decidiu outorgar este galardón a:
  • Antonio Campo Fernández, na modalidade TRAXECTORIA, por desenvolver o cargo de Presidente da Cámara Mineira entre 1995 e 2007, poñendo o seu coñecemento e esforzo para impulsar o sector mineiro galego e promover o seu crecemento e avance. Ademais, conta cunha dilatada experiencia como empresario do subsector da lousa.


  • Grupo Artístico Cota 332, na modalidade COMUNICACIÓN, por deixar constancia dun xeito artístico do entorno e as actividades mineiras desenvoltas na mina de lignito de As Pontes antes da súa transformación, en decembro de 2007.

Ver as bases da convocatoria 2008

A entrega de premios terá lugar durante a Festividade de Santa Bárbara, o venres 28 de novembro ás 17 h no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.


Festividade de Santa Bárbara


Neste 2008, a Cámara Mineira celebra a Festividade de Santa Bárbara o venres 28 de novembro en Santiago de Compostela, co seguinte programa de actos:

  • 12:00 h - Ofrenda a Santa Bárbara na Catedral de Santiago (misa do peregrino).
  • 14:00 h - Recepción no Hostal dos Reis Católicos
  • 14:30 h - Xantar no Hostal dos Reis Católicos
  • 17:00 h - Entrega dos Premios Santa Bárbara

    Para saber máis detalles deste evento, preme aquí.



  • |